Festivales
[ Volver ]Abe Rábade, MBM Trío e Daniel García Trío, na VII edición de Butaca de Jazz de Afundación
02/11/2026 - NoticiasClave.net
A presentación do ciclo tivo lugar hoxe na Sede Afundación da Coruña. Foto proporcionada.A Sede Afundación da Coruña acolle este mes de novembro a sétima edición de Butaca de Jazz, o ciclo da Obra Social de ABANCA que fusiona o jazz tradicional e o contemporáneo. Con 21 concertos programados desde 2019, Butaca de Jazz converteuse nunha cita fixa do outono musical coruñés e, unha vez máis, aposta polo jazz feito desde Galicia. Serán tres sábados e tres concertos protagonizados por Abe Rábade, MBM Trío e Daniel García Trío.
A presentación do ciclo tivo lugar hoxe na Sede Afundación da Coruña coa participación de Antonio Bravo, guitarrista de MBM Trío; Inés Portela, de Mada Producións; o presidente do Banco de Alimentos provincia da Coruña, Manuel Mora; e a coordinadora da Sede Afundación da Coruña, Beatriz Aler.
O pianista compostelán Abe Rábade abrirá o ciclo o sábado 14. O sábado 21 chegará MBM Trío, formado polos músicos galegos Baldo Martínez, Antonio Bravo e Lucía
Martínez. O 28 pechará a programación Daniel García Trío, liderado polo pianistasalmantino, unha das voces máis recoñecibles do jazz europeo actual, nun concertoprogramado a través do catálogo da Plataforma Jazz España. Todos os concertos celebraranse ás 20.00 h no auditorio da Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8).
Lo más leído
1. El festival In-Edit 2026 clausura su 24.ª edición y proclama su palmarés
2. Las estrellas más sexis de la industria del entretenimiento
3. Balance Festival de la Guitarra de Sevilla 2026
4. Joyitas con la marca In-Edit: 'El Ladrón de la Noche' y 'Rada, la película'
5. Ramon Mirabet presentarà el seu nou disc 'Songs I Heard' al Palau de la Música Catalana






